caminocasabella

Camino Casabella

🖌#EveryDaySheros #BeautifulPeople #Stars #Badass #Art #FeministArt #FineArt #Painting #SilkScreenPrinting #Ceramics #ArtEducation #Lugo #Galicia

Ningún ser humano é ilegal #RefugeesWelcome
303 en #CodexCinema
Carola Rackete naceu o 8 de maio de 1988 en Preetz (Alemania) e estudou na Escola Marítima na Universidade de Ciencias Aplicadas de Jade en Elsfleth, obtendo un grado en Ciencias Náuticas e Transporte Marítimo en 2011. En 2018 obtivo un máster en Xestión de Conservación pola Universidade Edge Hill en Inglaterra. Fala cinco idiomas. Gañou experiencia como oficial de navegación durante dous anos en expedicións científicas no Ártico e na Antártida para o Instituto de Investigación Polar e Marina Alfred Wegener. Durante un curto período de tempo traballou como voluntaria de conservación na reserva natural de Kronotsky na península de Kamchatka. Máis tarde, traballou como oficial de seguridade para Silversea Cruises, unha liña de cruceiros de súper luxo con sede en Mónaco. E posteriormente traballou como segunda oficial en buques propiedade de Greenpeace e do British Antarctic Survey. A partir de xuño de 2019, Rackete comezou a capitanear o Sea-Watch 3, un barco de 645 toneladas de bandeira holandesa. O doce de xuño, o Sea Watch 3 recolleu 53 refuxiados cerca da costa de Libia. O barco rexeitou unha oferta de atracar en Trípoli, pois está considerado coma un porto perigoso, e dirixiuse cara a Lampedusa, o porto seguro máis cercano. O catorce de xuño, Italia pechou os seus portos para os barcos de rescate de refuxiados, pois Matteo Salvini non quería deixar que o barco atracase ata que outras nacións europeas aceptaran acoller ós refuxiados. Permitiuse que desembarcasen once persoas, entre as que había nenos, mulleres embarazadas e enfermos. (Segue nos comentarios) #CarolaRackete #SeaWatch #HeroínasDeTódolosDías #EverydaySheros #BeautifulPeople #Stars #RefugeesWelcome #GenderEquality #WomensRights #EqualPay #ArteFeminista #FeministArt #PovertyIsSexist #GirlsCount #WomenOfTheWorldTakeOver #Arte #Art #Galicia #ArteGalega
Feliz día da Matria Galega!! ♥️ #EnMarea25X #NonHaiPlanetaB #NonHaiGaliciaB #GaliciaForFuture
Hoxe celebrando o día da Matria en Compostela tivemos a sorte de escoitar marabillas coma esta!! ☑️ Pola mañá, fixemos un obradoiro de construcción de instrumentos musicais con materiais naturais e de refugallo. ☑️ Escoitamos a representantes de movementos sociais na defensa do medio ambiente en Galicia, e falamos sobre cal debe ser o papel das organizacións políticas na concienciación ecolóxica da sociedade. ☑️ Na sesión vermú, desfrutamos do concerto a cargo de Branca, Pablo e Xose Constenla. Contade comigo para máis!! #EnMarea25X #NonHaiPlanetaB #NonHaiGaliciaB #GaliciaForFuture
Hoxe no Plenario de En Marea, duascentas persoas co mesmo obxectivo en común entablamos un diálogo sobre os pasos a seguir para solucionar os problemas do país, coma o desemprego, a emigración ou a precariedade. Non só é posible, senón que o necesitamos. Lonxe da apatía e da indiferencia, esta xente é unha inspiración polo seu compromiso, coherencia e responsabilidade. Moi leda por comezar a camiňar xuntas. ♥️⭐🌊🌊🌊
Aínda nunha nube despois de ver a Noel Gallagher's High Flying Birds!! Para mín, un dos grandes e unha inspiración pola súa creatividade, pola capacidade de reinventarse e polo que resoan as súas cancións comigo. Formidables, marabillosos!! ♥️
David Wojnarowicz e mulleres esquecidas da Arte Pop espaňola
En Madrid ata o venres para ver a Noel Gallagher's High Flying Birds!
Onte non poidemos estar máis contentos de inaugurar a exposición de María Mata en Codex Cinema, despois da grande acollida!! Moitísimas grazas a Caldiae Factoría Cultural, que con moita amabilidade nos abriron as portas do seu espazo para continuar coa Programación Cultural Anual de Lugonovo; moitas grazas á xente de Lugonovo que colabora con este proxecto, pois sen eles non sería posible; e moitas grazas ós medios que se fixeron eco do evento, e a todos os que nos acompaňaron onte!! 📷: Camino Casabella e Marisé Fernández #BeautifulPeople #Stars #GenderEquality #WomensRights #EqualPay #PovertyIsSexist #GirlsCount #WomenOfTheWorldTakeOver #Arte #Art #Galicia #Lugo #ArteGalega
load more posts